Padrón destinará o POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios a axudas de emerxencia e ao Programa Babel

15 Xaneiro 2025

Na sesión plenaria extraordinaria do Concello de Padrón, celebrada este luns 13 de xaneiro de 2025, aprobouse por unanimidade a proposta do Executivo local que destinaba 61.903,04€ do POS+ Adicional a apoiar ás persoas máis vulnerábeis. Unha parte da cantidade aportada pola Deputación da Coruña (46.903,04€) destinarase ao fondo de axudas de emerxencia social. Segundo explicou o Goberno local, “o dito fondo ten como obxectivo cubrir necesidades básicas esenciais das persoas en situación de vulnerabilidade tales como vivenda, alimentación, gastos médicos ou farmacéuticos, educación e transporte”. O Concello valorou que “a aprobación desta iniciativa resalta o compromiso deste Goberno e da Deputación coa atención ás persoas en risco de exclusión” e engadiu que “as axudas de emerxencia permitirán proporcionar unha resposta rápida e efectiva ante situacións de dificultade económica ou adversidade, contribuíndo á estabilidade dos fogares afectados por ter menores ingresos ou situacións puntuais”.

En palabras do alcalde Anxo Arca, “estamos a reforzar estas axudas para que actúen como unha rede de seguridade que preveña que as persoas caian en niveis máis graves de pobreza económica e exclusión social, proporcionando un apoio inmediato. Ao mesmo tempo, evitamos as consecuencias negativas a longo prazo, como a perda de emprego ou a desestruturación familiar e favorecemos a reintegración social e económica ao proporcionar os recursos necesarios para a recuperación. Desta forma, non só se contribúe ao benestar individual, senón que tamén fortalece a cohesión social e promove unha sociedade máis solidaria e inclusiva”.

Ademais, destínanse 15.000 € ao Programa Babel, que se centra na integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade. Este programa ten como obxectivo a alfabetización, a aprendizaxe do idioma e a adaptación á contorna, brindando as ferramentas necesarias para mellorar a inclusión social e empregabilidade destes colectivos.

Alcalde e concelleiras Chus Campos (esquerda) e Ana Castro (dereita)

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.