Os Reis Magos encheron de ilusión o Pavillón da Fieteira en Ribeira

05 Xaneiro 2025

A maxia e a ilusión invadiron esta tarde o Pavillón da Fieiteira en Ribeira, que acolleu finalmente, debido ao mal tempo, todas as actividades festivas relacionadas coa recepción dos Reis Magos tras suspenderse a Cabalgata. Miles de persoas non quixeron perderse o evento e recibiron ás Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar.

O alcalde do municipio, Luís Pérez Barral, xunto cos concelleiros, dirixiuse aos nenos, nenas e familias nun discurso que marcou o inicio desta noite inesquecíbel: “Esta é unha noite especial, única, unha noite chea de maxia!”, expresou o rexedor, destacando que os Reis Magos fixeron unha parada extraordinaria en Ribeira porque “escoitaron que aquí hai uns nenos e nenas moi, moi especiais”.

Pérez Barral eloxiou a ilusión e o bo comportamento dos máis pequenos, pero tamén asegurou que non só a rapazada tivo un bo comportamento e díxolle ás Súas Maxestades que “Ribeira é un concello cheo de xente extraordinaria, traballadora e solidaria”.

O alcalde tamén quixo agradecer o cariño das familias que acompañaron aos Reis durante a súa visita polas parroquias do concello. No seu
discurso, subliñou a importancia de soñar en grande e de valorar os pequenos xestos que fan destas datas un momento único: “O mellor agasallo non é o que vén envolto no papel de cores, senón o voso sorriso, alegría e cariño que compartides coas persoas que vos queren”, dixo.

Concluíu desexando que a maxia e a ilusión permanezan sempre nos corazóns de todos os veciños e veciñas. Tras as palabras do alcalde,
Melchor, Gaspar e Baltasar tomaron o protagonismo para repartir ledicia e agasallos entre os máis pequenos, convertendo esta noite nunha
lembranza inesquecíbel para todos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...