Os obradoiros científico-tecnolóxicos Creactivity de EduCaixa chegan a Porto do Son o 6 de febreiro

24 Xaneiro 2025

A iniciativa de divulgación e creatividade tecnolóxica Creactivity (Pensa coas mans) de EduCaixa e Fundación La Caixa chegará o vindeiro mes a Porto do Son, concretamente os días 6 e 7 de febreiro. Trátase dun espazo argalleiro itinerante para estimular o talento que todas as nenas e nenos levan dentro, apostando pola fórmula infalíbel del aprender xogando. Achegará actividades para a rapazada de entre 7 e 12 anos.

Creactivity é un espazo de obradoiros formativos e divulgativos enmarcado no movemento Design Thinking, que pon en xogo a creatividade, a experimentación e a innovación. Proponse unha exploración libre, individual ou colectiva, que permite planificar, crear e construír para dar resposta a retos suxeridos ou propios, mediante a manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. As propostas, abertas e interdisciplinarias, abranguen disciplinas STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) e pretenden apoderar ao alumnado para intervir no mundo que lles rodea.

Máis información en:
info@creactivitybus.com
900 101 493

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...