Os empresarios de Ribeira entregan os premios da edición 2024-2025 da súa Campaña de Nadal

23 Xaneiro 2025

A sede da Asociación de Empresarios de Ribeira acolleu estre xoves 23 de xaneiro a entrega de premios da Campaña de Nadal 2024-2025 da patronal local, premios que consistiron en vales de compra para seren investidos no comercio local e por valor de 300€, 250€, 100€ e 50€.

Na cita participaron as persoas premiadas, o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e o alcalde en funcións Vicente Mariño.

A patronal compartiu a listaxe de persoas premiadas pero fixo saber tamén que algúns premios aínda están pendentes de aparecer, polo que a asociación aproveitou para facer un chamamento aos veciños para que revisen cadanseus boletos. Lembrou que o prazo para presentar os números premiados no local da Asociación remata o día 31 de xaneiro ás 15:00h Os boletos suplentes pódense presentar no local da asociación ata o 10 de febreiro ás 19:30h.

Como recordaremos, o listado de números premiados e suplentes foron compartidos os días pasados pola asociación no seu Facebook, logo de realizarse o correspondente sorteo o mércores 8 de xaneiro. Os premios teñen unha contía total de 5.000 euros, para repartir en vales de compra que deberán ser investidos no comercio local.

Na cita a patronal lembrou que as persoas agraciadas deben presentarse no local da Asociación co boleto premiado antes das 15:00h do 31 de xaneiro de 2025, e os suplentes antes das 19.30h do 10 de febreiro de 2025.

Os premios forman parte da Campaña de Nadal da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, que ten o obxectivo de “motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente”, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo.

Os premios que se sortearon son 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...