Os empresarios de Ribeira amplían até o 19 de xaneiro a pista de xeo do porto

14 Xaneiro 2025

Con vistas celebrar ao grande o Nadal que acabamos de celebrar, a explanada do porto de Ribeira (o Malecón) acolle dende o 5 de decembro unha pista de xeo de 250 metros cadrados para o desfrute de veciños e visitantes. Trátase dunha iniciativa da Asociación de Empresarios que contou cos permisos de Portos e coa colaboración dos Concellos de Ribeira, da Pobra do Caramiñal e de Porto do Son, co obxectivo de completar e enriquecer a oferta destes territorios da comarca do Barbanza durante as festas de Nadal e fortalecer, a maiores, a dinamización comercial durante estas celebracións. Agora, segundo sinalou a patronal de Ribeira, dada a boa acollida que tivo a pista entre a veciñanza do concello e da comarca, decidiuse ampliar a duración da mesma ata o próximo domingo, 19 de xaneiro.

O custe por sesión seguirá a ser de sete euros, con tarifa rebaixada para entidades sociais, colexios ou asociacións de nais e pais. Ademais, as patronais dos ditos territorios distribúen entradas entre os establecementos participantes (sectores comerciais, da hostalería e da restauración) para seren repartidas entre os seus clientes, fomentando deste xeito as compras durante estas festas sinaladas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...