Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro e Ribeira realizan varias actuacións relacionadas co mal tempo

05 Xaneiro 2025

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro e Ribeira recibiron varias chamadas durante a tarde deste sábado 4 de xaneiro e a madrugada deste domingo 5 de xaneiro, alertando de varias situacións que supoñían perigo tanto para a circulación de vehículos como o tránsito de persoas. 

Unha das intervencións tivo lugar á altura do número 95 en Esteiro, no concello de Boiro, que consistiu en asegurar un poste do subministro eléctrico que estaba roto e pendurado sobre a estrada, dificultando a circulación. Acudiron os bombeiros do parque Provincial de Boiro.

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira tamén tiveron que actuar na retirada dunha árbore en Couso – Aguiño,  no concello de Ribeira, que caera na estrada; así como asegurar varios elementos ornamentais de Nadal e afianzar un poste telefónico con risco de caída na rúa da Tasca, no concello de Ribeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...