O Premio Avilés de Taramancos de Noia recaeu este ano no escritor local Agustín Agra

10 Xaneiro 2025
Agustín Agra nunha imaxe de Nós Diario

Finalizado 2024 desvelóusenos finalmente a identidade da persoa gañadora da XXIII edición do Premio Avilés de Taramancos de Relato de Aventuras, que tivo desta volta un marcado sotaque local co recoñecemento a O trebón do norte, de Agustin Agra (Noia, 1966). O relato acadou o favor dun xurado conformado polo concelleiro José Pérez, Antonio Piñeiro, Ismael Ramos, Ana Romaní e Olga Lombaría, esta última con voz, pero sen voto. O premio consiste nunha estatúa conmemorativa, un premio económico de 3.000 euros e a publicación da obra pola editorial tamén noiesa Toxosoutos.

Agra, profesor e escritor, acumulou varios premios literarios, algúns deles de relato breve. O ano 2024 foi especialmente frutífero en materia de recoñecementos, xa que tamén gañou o XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza e que resolveu distinguir O livro das contrárias, de Agustín Agra.

Agustín Ángel Agra Barreiro é un escritor e biólogo de Noia. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia e con La Voz de Bartantia. Ten publicado con notábel éxito obras infantís e xuvenís como Trampa de luz (2012, Xerais, Fóra de Xogo) ou Cor animal (2015, Kalandraka) e obras de narrativa tan destacadas como o libro de relatos Silencio, publicado en 2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.