O Partido Popular de Ribeira, a través do concelleiro Manuel Emilio Pérez Outeiral, presentou unha nova pregunta para ser debatida en pleno relativo á posíbel instalación dunha antena de telefonía móbil no barrio da Lomba, en Palmeira: unha antena de 42 metros de altura que terá o seu emprazamento próximo ás vivendas e cuxa instalación foi cautelarmente suspendida polo Concello.
Os populares sinalan que a pregunta ten a súa orixe na preocupación veciñal: “A xente de Palmeira segue preocupada ante a falta de transparencia e información aportada polo equipo de Goberno local”. Na proposta, o PP pregúntalle ao Executivo de Ribeira en que situación se atopa a pretensión da instalación da antena de telefonía no lugar da lomba en Palmeira.
