O PP de Ribeira, crítico co Goberno local pola licitación do contrato do monitorado de deportes

30 Xaneiro 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Ribeira vén de emitir un comunicado no que se mostra crítico coa xestión do tripartito no Goberno local, co alcalde Luís Pérez Barral, xestión que cualifica de “nula nos últimos 18 meses”. Tamén sostén que o Executivo “ademais de non propoñer nada novo, actúa totalmente á inversa do que predicaba dende a oposición”. Para o PP, o máis recente exemplo desta “falta de criterio do alcalde ribeirense” pódese ver “coa licitación do contrato de monitorado do servizo de deportes para os vindeiros 4 anos e que está cifrado en 2,4 millóns de euros”. Neste punto, o PP recoñeceu a súa sorpresa “logo das reiteradas críticas que, nas anteriores lexislaturas, lanzaban desde a bancada do BNG cualificando este contrato de privatización e afirmando que as contas realizadas polos nacionalistas naquel entón poñían de manifesto o sobrecusto que supoñía esta fórmula fronte á creación dos postos públicos”.

O comunicado remata deste xeito: “Unha vez máis, o goberno do BNG ten que dar marcha atrás nas súas iniciativas demostrando que o traballo realizado polos populares ía no camiño e na senda correcta tanto non eido executivo coma no económico”.

María Sampedro, voceira do PP de Ribeira nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...