“O Parlamento galego debaterá sobre a situación sanitaria na comarca de Muros-Noia”. Antón Luaces

24 Xaneiro 2025

Non resulta novidoso que a cidadanía galega en xeral proteste pola súa situación sanitaria. Pero aínda o é menos o motivo xustificativo da queixa: o valeirado que a Consellería de Sanidade fai nos Puntos de Atención Primaria (PAP) onde os exames físicos, o tratamento das afeccións médicas comúns e atención preventiva (como a inmunización  e a detección) resutan básicos para a poboacipon, especialmente a infancia e adolescencia e as persoas maiores, que deixan de ser atendidos por mor desa especie de  desleixo perceptible dende vai anos na actividade un tanto desnortada da Consellería de Sanidade.

Médicos de familia, pediatras, enfermeiros, matronas, farmacéuticos de atención  primaria, traballadores sociais, fisioterapeutas, etc., conforman os equipos de Atención Primaria (EAP) que tanto se necesitan en Galicia, especialmente nas medianas e pequenas vilas cuxos habitantes realizan dende vai anos manifetacións/concentracións en demanda dunha solución que tampouco chega ao total das cidades e grandes cidades desta comunidade autónoma carentes da necesaria cobertura de postos de traballo que, nos últimos tempos, non cubre por convocatoria o SERGAS, organismo responsable do servizo sanitario público galego, cada vez máis dependente dos hospitais privados cuxo número medra exponencialmente.

A comarca do Barbanza, ao igual ca na veciña de Muros-Noia e outras, son escenarios nos que a veciñanza se concentra en demanda dunha solución que, nen moito menos, está en mans dos concellos, senon da Xunta. Pero esta non da solucionado os problemas que lles afectan, talvez máis centrados os seus rectores en rifirrafes como o do novo hospital de Vigo. No Barbanza, parroquias como as de Palmeira, Aguiño e Corrubedo, en Ribeira, reclaman médicos, do mesmo xeito que o fan na comarca de Muros-Noia, polo que no Parlamento galego vai debaterse unha iniciativa do BNG ligada ao recurtamento de persoal nos Puntos de Atenciòn Primaria onde se prescinde dun médico de reforzo e se perde a consulta da matrona en Outes. A comarca queda cunha única ambulancia e o PAC de Noia entra no práctico abandono se temos en conta que, a máis de atender aos 28.000 habitantes de Noia, asiste asimesmo aos dos concellos de Porto do Son, Lousame e Outes. Deste xeito o servizo médico asume un novo recurtamento ao se poducir a mencionada baixa pola eliminación do médico  de reforzo en quenda completa durante os días non laborables (festivos e fin de semana).

Esta política de recurtes enmárcase nun plan que contempla asimesmo a perda da consulta da matrona en Outes, a disposición dunha única ambulancia para toda a comarca e carencias significativas que van en detrimento da cidadanía que reclama unha atención médica de calidade.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.