O mércores e o sábado (15 e 18 de xaneiro) celébranse no Pazo de Goiáns as Festas na Honra de San Mauro edición 2025

13 Xaneiro 2025

O Pazo de Goiáns, en Boiro, vai ser un novo escenario de celebración relixiosa e cultural. Sen ir máis máis lonxe, este e mércores 15 e este sábado 18 de xaneiro vanse desenvolver no pazo e na súa contorna as Festas na Honra de San Mauro 2025 (Lampón).

A axenda do mércores 15 dará comezo cunha alborada a cargo de Arume e os Pequenos do Barbanza. Logo celebraranse as misas na honra de San Mauro: ás 9.00, ás 10.00 e ás 11.00, misas rezadas; ás 12 misa solemne e procesión; ás 17.00 e ás 18.00 misas rezadas; e ás 19.00 horas novamente m misa solemne e procesión. Ao remate haberá unha tirada de fogos artificiais e chocolatada.

As actividades do sábado darán comezo a a primeira hora cunha alborada cos Pequenos do Barbanza e Os Liantes e proseguirán ao mediodía (ás 12h) cunha misa solemne na honra de San Mauro e unha procesión no propio pazo para logo dar paso ao xantar tradicional con festa gastronómica e degustación de callos e empanada, sendo a agrupación local Pedra da Aroña (Escarabote) a encargada de achegar a vertente musical e festeira. Pola tarde celebrarase un serán tradicional a partir das 17.00 horas e pola noite será a quenda da agrupación teatral Tanto Nos Ten. A xornada rematará cunha queimada tradicional e unha foliada libre a partir das 23.00 horas.

Haberá sorteo de lotes tradicionais.

As actividades desenvolveranse baixo carpa. Contan coa colaboración do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.