O Mercado de Rianxo ten dispoñíbeis sete postos para persoas emprendedoras

28 Xaneiro 2025

Co lema No mercado municipal temos un posto para ti! o Concello de Rianxo prosegue a súa campaña de promoción e impulso do Mercado Municipal, poñendo a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos na Praza de Abastos, en palabras do Goberno de Julián Bustelo, “unha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi vantaxosas”. O rexedor engadiu que “carnes e peixes como na actualidade, ou outros como froitas, verduras ou pan, son só algún dos produtos que se poden vender no noso mercado, o cal está chamado a ser un referente en canto á venta de produtos frescos e de proximidade”. As persoas interesadas en facerse cun dos postos vacantes pode poñerse en contacto co Concello de Rianxo para obter toda a información necesaria.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...