“O magnate do litio e das terras raras” – José Luis Calo

21 Xaneiro 2025

Por que a Xunta de Galicia xestiona a reactivación de 51 minas en Galicia coa licenza caducada? “O goberno de Alfonso Rueda publicou medio centenar de concursos de dereitos mineiros con permisos caducados que permitirán abrir as explotacións unha vez conclúa a fase de análise e investigación do solo”, así nos espertamos cun titular de prensa. É Rueda un ignorante ante esta problemática? Estamos nunha etapa no que o cambio climático é un dos problemas ambientais máis graves dos últimos séculos. Este fenómeno que sucede de forma natural, viuse empeorado pola acción humana. A ferramenta máis eficiente para combater o cambio climático somos nós, algo que os políticos que nos representan na maioría das institucións non teñen moi claro. Ser ignorante ou aparentar selo na actualidade pode dar bos réditos. Para Donald Trump, por exemplo, a ignorancia foi unha vantaxe. Moitos dos seus partidarios identifícanse con el pola súa falta de coñecemento e a súa pouca vergoña respecto diso, iso parece ser a temática que aplica o PP galego da man do seu responsable Alfonso Rueda.

Señor Presidente, a terra é máis valiosa que o todo poderoso don diñeiro? En todo este armazón que nos está montando o presidente da Xunta, a clave está na presenza de “minerais de terras raras” que é moi abundante en Galicia. O litio e as terras raras pronto serán máis importantes que o petróleo e o gas, só a nosa demanda se quintuplicará de aquí a 2030, polo que o noso gobernante non están polo labor de evitar volver ser dependentes, como nos ocorreu co petróleo e o gas. Esta reactivación do sector mineiro en Galicia entre os principais impactos que pode orixinar atópanse: a destrución da cortiza terrestre, a contaminación das augas, o dano á flora e fauna da contorna próxima á explotación mineira e os efectos negativos na saúde humana das poboacións próximas a este tipo de minas. As persoas que inxeren alimentos ou auga contaminada con mercurio poden padecer os seguintes síntomas: danos renais, problemas reprodutivos, artrites, perda da memoria, casos de demencia e mesmo a morte. Ante todo isto deberiamos aplicar o principio de «quen contamina paga» que é un dos principios clave subxacentes á política medioambiental da Unión Europea (UE). A aplicación do principio implica que o contaminador sufrague os custos da súa contaminación, mesmo os das medidas adoptadas para previr, controlar e reparar a contaminación e os custos que supón para a sociedade. Ao aplicar este principio incentívase a quen contamina a evitar o dano medioambiental, e obrígaselles a asumir a responsabilidade pola contaminación que xeran. Así, ademais, é quen contamina, e non o contribuínte, quen paga o custo da reparación. Os políticos deberían tomar responsabilidade polas súas accións, por exemplo , renunciando aos seus postos. Nós somos a ferramenta para combater o cambio climático.

José Luis Calo

Coordinador UCIN Galicia

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.