O Cuarteto deBiselas leva a Rianxo este sábado o espectáculo “Merendola desconcertante” (Actos Castelao 2025)

14 Xaneiro 2025

O Auditorio de Rianxo acolle este sábado 18 ás 20.30 horas a representación do espectáculo Merendola Desconcertante, de deBiselas Cuarteto, encadrado nas celebracións do Ano Castelao que conmemoran este ano os 75 anos do pasamento do escritor e político rianxeiro. Trátase dun proxecto multidisciplinar que fusiona música, literatura e imaxes. Coa colaboración de Teatro Airiños. Proposta no marco dos Actos Castelao 2025.

A entrada será de balde ata completar capacidade e a retirada de convites deberá facerse na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Trátase dunha función para todos públicos.

Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto

Mediante esta conxunción, catro frautistas conseguen atopar as conexións precisas para que a música, o texto e a imaxe flúan dinamicamente. Consideran primordial aprender a dialogar e chegar a un consenso entre as diferentes ideas, así como enriquecerse dos coñecementos que se comparten. Ademais, é inseparábel a parte social da interpretativa, pois creando vínculos persoais positivos, poderase lograr un sentido musical completo.

O concerto consiste nunha pequena variedade de pezas musicais, algunhas delas compostas orixinalmente para frautas travesas, e outras chegadas a nós mediante arranxos para os nosos instrumentos. Autorías de Franco Cesarini, Raymond Guiot, Rosendo Mato Hermida, Carlos Gardel ou Satoshi Yagisawa, entre outras.

Os bocados literarios son escolmas de textos de históricos autores como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao conviven con plumas actuais como a de Esther Carrodegüas, Fran Gómez e María Xosé Silvar. Estes textos chegan ao público ben por voz das propias integrantes do cuarteto, ben mediante voces en off, previamente gravadas por actrices do Teatro Airiños de Asados (Rianxo).

Carlota Salgado Leal, membro do cuarteto, é a creadora dos contidos gráficos orixinais para esta merendola desconcertante, que serán proxectados nos momentos axeitados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...