O Concello do Son contará coa estreita colaboración da Fundación RIA para lograr un polígono de prezos accesíbeis e integrado no territorio

24 Xaneiro 2025

O proxecto para crear o polígono industrial de Porto do Son deu novos pasos co comezo do ano. Contará co apoio da Consellería de Economía e Industria e da Fundación RIA, entidade impulsada polo arquitecto inglés afincado na nosa comarca David Chipperfield, centrada en modelos de arquitectura e urbanismo que priman a humanización dos espazos públicos e a recuperación das metodoloxías tradicionais de construción e de ordenación. Precisamente a fundación será a encargada de facer o prego técnico para iniciar despois o concurso de ideas.

O alcalde Luis Oujo en declaracións a Canal Barbanza confirmou que a consecución definitiva do parque empresarial é un dos grandes proxectos do seu Goberno, e que a intención é convertelo en realidade antes do remate do seu mandato. “Queremos facer un parque empresarial singular en Porto do Son que teña capacidade para achegar ás empresas parcelas a prezos non prohibitivos senón apetecíbeis, a nosa intención non é facer un complexo industrial duro senón un espazo integrado no territorio, neste punto o proxecto está bastante avanzado”. Respecto da superficie, a previsión é habilitar entre 80.000 e 90.000 metros cadrados de superficie. No que atinxe ao abastecemento de auga e o saneamento, serían precisas mínimas intervencións xa que se atopan preto as estruturas de abastecemento e máis a depuradora do Loreto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.