O Concello de Ribeira reparte composteiros entre a veciñanza

24 Xaneiro 2025


Este venres 24 de xaneiro déronse cita na nave municipal de Urbaser, na Fieiteira, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, xunto con Silvia Calaza, representante da empresa de xestión ambiental Ancaria. No acto produciuse a entrega ao Concello de 140 composteiros (a día de hoxe xa
hai 240 solicitados por parte da veciñanza dos 300 que se van a repartir).

A concelleira informou que xa se vai comezar coa achega destes 140 composteiros por data de rexistro: “Distribuiranse de forma individual e imos a chamar aos domicilios, un por un para, para entregalos persoalmente en cada fogar solicitante ao tempo que informaremos polo miúdo do funcionamento do mesmo”, sinalou Antía Alberte, engadindo que “hai persoas que o solicitaron máis dunha vez, pode ser un erro á hora do trámite en liña; pero en principio, imos repartir un por cada domicilio, si despois vemos que sobra algún composteiro, habilitarase a fórmula para repartir un segundo”.

Os recipientes entregaranse con folletos informativos nos que figuren as instrucións dos mesmos, e tamén contémplase a posibilidade de facer unha charla informativa.

O Concello de Ribeira procura, con esta acción, que “a longo prazo se reduza o residuo total polo que suporá un menor custo do servizo de recollida de lixo para a veciñanza”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...