O Concello de Ribeira reforzas as axudas ás ANPAs e incorpora unha liña de apoio aos comedores escolares

30 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira publicou as subvencións destinadas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAs). Com principal novidade, este ano
increméntase a dotación desta liña de axudas en 4.000 euros, Ademais, o Concello destina este ano unha partida específica para axudar a sufragar os custos que supoñen os comedores escolares.

A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, destacou que “esta ampliación orzamentaria responde á necesidade de ofrecer máis recursos ás asociacións de nais e pais, que desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento educativo e social dos menores”. Engadiu que no Concello “somos conscientes de que debemos seguir mellorando pero quixemos incrementar porque sabemos o labor esencial das ANPAs á hora de complementar a formación dos escolares e dinamizar a comunidade educativa; con este aumento queremos que poidan seguir desenvolvendo as súas actividades de conciliación”, afirmou.

“Sabemos que a conciliación laboral e familiar é un reto para moitas familias e queremos contribuír a aliviar a carga económica que supón este servizo”, indicou Rivadulla, avanzando que o Goberno local segue a traballar na busca de axudas a nivel estatal para a posta en marcha “dun ambicioso plan de conciliación”.

As bases da convocatoria, que inclúen os criterios de concesión, prazos e documentación requirida, están dispoñíbeis no Boletín Oficial da Provincia da
Coruña do 22 de xaneiro de 2025
.

As asociacións interesadas poden consultar o documento completo no taboleiro de anuncios da web municipal. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de febreiro de 2025. As asociacións deberán presentar a documentación pertinente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal. Con este incremento orzamentario e a nova aposta polos comedores escolares, o Concello de Ribeira quere reafirmar o seu “compromiso coas familias e coa educación pública, apostando por medidas que favorezan a conciliación e o benestar dos nenos e nenas do municipio”.

    Outros artigos

    Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

    A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

    “Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

    Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.