O Concello de Padrón abre unha consulta á mocidade local para coñecer as súas necesidades e opinións

23 Xaneiro 2025

O Concello de Padrón, a través dos departamentos de Novas Tecnoloxías, Mocidade e Voluntariado, puxo en marcha unha enquisa dirixida á mocidade padronesa co obxectivo de coñecer as súas inquietudes, ideas e suxestións sobre diversos aspectos da localidade. Esta iniciativa busca “cubrir un baleiro detectado nos últimos anos, xa que os mozos e mozas do municipio non dispoñían dunha programación específica que se axustase ás súas necesidades e intereses”, sinalou o Concello, engadindo que a enquisa está dirixida a persoas de entre 14 e 35 anos e persegue dar voz á mocidade para identificar aspectos que desexan mellorar, cambiar ou reivindicar en Padrón. Ademais, inclúe unha sección específica para coñecer o seu interese no ámbito gaming, unha actividade en crecemento que podería converterse nunha alternativa de entretemento e formación no municipio. Tamén se consultan as súas expectativas sobre o voluntariado e a posíbel creación dunha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Os resultados desta consulta cidadá serán a base para a elaboración dun proxecto que o Concello presentará ao Instituto da Mocidade (INJUVE) e á Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) co fin de optar a unha axuda económica de ata 48.000 euros. Esta subvención permitirá financiar actividades e proxectos que favorezan o desenvolvemento persoal e o benestar dos mozos e mozas do municipio.

Desde o Concello de Padrón faise un chamamento á participación da mocidade, resaltando que “a súa implicación é fundamental para avanzar cara a unha localidade máis inclusiva e dinámica”. En palabras de Laura Horta, concelleira de Novas Tecnoloxías, “queremos escoitar aos mozos e mozas, esta é unha oportunidade para que se fagan escoitar e formen parte activa da transformación da súa propia contorna”.

A enquisa estará dispoñíbel en liña ata o próximo 31 de xaneiro a través da páxina web oficial do Concello e das redes sociais de Facebook e Instagram. Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello a través do teléfono 981 810 451.

Outros artigos

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.