O Concello de Outes reclama á Xunta que cubra a praza de matrona no Centro de Saúde

14 Xaneiro 2025

O Goberno municipal de Outes anunciou que lle vai solicitar ao SERGAS (Servizo Galego de Saúde) o mantemento da praza de matrona no Centro de Saúde da Serra nas mesmas condicións que na actualidade, “é dicir con dedicación exclusiva á veciñanza”. Segundo informou o alcalde, Manolo González, “a persoa que ocupa esta praza vén de xubilarse en datas recentes polo que na actualidade as usuarias deste servizo teñen que desprazarse a Noia”.

Ademais, explica que logo de contactar co persoal do Centro de Saúde, no Goberno local foron informados de que “non teñen información de se a praza vai ser cuberta e, en caso de selo, en que condicións”. Dende o Executivo local sinalan que “son moi numerosas as mulleres que utilizan este servizo en Outes, concello que conta cunha poboación de máis de 6.000 habitantes, polo que non sería de recibo non cubrir esta vacante ou facelo de xeito compartido con outro centro, como xa se fixo coa praza de pediatría”.

Dende o Goberno local amosan a súa preocupación polo que cualifican de “política de recortes seguida pola Xunta de Galicia” no referido ao persoal que presta os seus servizos no Centro de Saúde de Outes. Do mesmo xeito tamén manifestan a súa disconformidade co recorte de servizos que recentemente se vén de producir no PAC de Noia, no referido ao número de médicos que atenden en festivos e domingos, “e que vai redundar nun empeoramento da atención sanitaria da comarca”, explican.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.