O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre de 350 horas lectivas homologado pola Xunta de Galicia

10 Xaneiro 2025

O Concello de Lousame organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre homologado pola Xunta de Galicia. O curso terá unha duración de 350 horas lectivas, 200 teóricas (105 horas presenciais e outras 95 horas enliña) e 150 prácticas. Impartirase en Lousame en horario de fin de semana: sábados (mañá e tarde) e domingo (mañá).

As clases darán comezo a mediados do vindeiro mes de febreiro. O obxectivo deste curso é formar ao alumnado para realizar actividades socioculturais e recreativas tanto no medio urbano como na natureza. O seu prezo é de 260 euros e as preinscricións poderán formalizarse a través do teléfono 981 820 494 (Concello) ou a través de bandoticket.com.

Este curso formativo está organizado polo Concello de Lousame e será impartido por FESAN, Escola de Tempo Libre. Para participar é preciso ser maior de idade e estar en posesión, cando menos, dalgún destes títulos: Graduado en Educación Secundaria ou Graduado escolar (ou equivalente).

Ao rematar o curso, o alumnado recibirá un título homologado de monitor/a de ocio e tempo libre que o capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades para o tempo libre e sociocultural orientadas tanto á infancia e a mocidade, como ás persoas maiores ou con necesidades especiais. Un monitor/a de ocio e tempo libre pode traballar en centros socioculturais, asociacións xuvenís, campamentos de verán, en actividades extraescolares de colexios, escolas infantís, garderías e puntos de atención á nenez, en empresas de ocio e tempo libre, etc

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.