“O coidado das persoas, eixo fundamental dunha acción de goberno” – Antón Luaces

13 Xaneiro 2025

Sexa a actuación de carácter nacional, autonómico ou municipal, o obxectivo principal dunha acción de goberno debe centrarse, na miña opinión, no coidado das persoas xa que logo a estas vai dirixido sempre o acordo para a posta en marcha desa actuación. Porque o coidado das persoas é función primordial para aquel que goberna en base á decisión de quen é ou será gobernado. Polo voto cidadán son electos aqueles que poderán decidir que e como facer para cumprir con esa premisa de participar decisivamente na atención dos gobernados.

Estamos debidamente atendidos nas nosas necesidades cidadáns polas accións de goberno das corporacións municipais, as deputacións provinciais, as comunidades autónomas, os Executivos nacionais ou mesmo os representantes da Unión Europea?.

Coido non errar co adianto da resposta: Non.

Como cidadáns dunha nación integrada na UE dende o ano 1986 non podemos gabarnos do noso papel comunitario (e non sempre por culpa dos nosos socios). É certo que hai países membros que están peor ca nós, mais a igualdade non  se pode establecer pola liña baixa da táboa. A día de hoxe, a economía española pouco ou nada ten que envexar á dos outros países membros no contexto comunitario. Sen embargo, coida o lector que coma membros desa UE temos o mesmo grao de atención, o mesmo nivel de atención social e resposta económica, de aplicación de dereitos que, sendo comúns a todos tan só están -na miña opinión- ao alcance duns poucos, nomeadamente integrantes dos estados fundadores da antiga CEE?

Daquela, de que lle sirve ao cidadán español encabezar a listaxe na economía comunitaria se este feito non nos permite acadar cotas de benestar que sí teñen ao seu alcance os integrantes doutros países da mesma Unión?.

O coidado das persoas forma parte da esencia do ben gobernar. E, en practicamente todos os estadios citados (municipal, provincial, autonómico, nacional ou europeo) temos eivas que nos impiden a igualdade cos veciños comunitarios, agás en moi contados casos. E aínda así, páganos a pena manternos ao acubillo de Europa.

Que facer?… Talvez mudarnos de carácter, sermos doutro xeito, pensar máis no conxunto para deixar de ser individualistas e ver en quen camiña á nosa beira a un compañeiro de viaxe e non a alguén que ocupa o noso carreiro. Que sexa cousa de todos e non só dun fato de camiñantes ansiosos de chegar. Porque o que importa, certamentge, é chegar.  

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.