O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros comeza 2025 cun total de 10 espectáculos

03 Xaneiro 2025

O Concello de Muros presentou neste inicio de ano a programación cultural para o primeiro semestre de 2025 no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil. O calendario inclúe un total de 10 espectáculos que abranguen teatro, circo e cine, pensados para público infantil, xuvenil e adulto. Trátase “dunha aposta decidida por achegar propostas culturais de alta calidade a toda a veciñanza”, explicaron fontes do Concello.

A temporada inaugurarase o sábado 11 de xaneiro coa obra Boa sorte, mala fama da compañía Tarabela Creativa. Este espectáculo, centrado na temática da emigración, conta co valor engadido de que participou como informante na súa creación o veciño muradán Tono Beiro, o que achega unha conexión especial coa realidade local. A obra busca “reflexionar sobre un fenómeno profundamente arraigado na nosa historia e identidade, ofrecendo unha narrativa emocional e comprometida”, explican dende o departamento de Cultura do Concello.

Precisamente Caridad González, concelleira de Cultura, destacou o compromiso do Concello por ofrecer unha programación diversa e para todos os públicos: “Queremos que o auditorio continúe sendo un punto de encontro cultural e social. Esta programación reafirma o noso compromiso por achegar experiencias culturais enriquecedoras e accesíbeis, poñendo a diversidade e a calidade no centro da nosa oferta. A colaboración coa AGADIC e a pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios permítenos traer ao noso concello espectáculos de primeiro nivel, garantindo o acceso da veciñanza a unha programación cultural de calidade”.

María Lago, alcaldesa de Muros, subliñou o éxito de público acadado en 2024 e o papel fundamental do auditorio como motor cultural: “O 2024 foi un ano extraordinario, con altísimos índices de participación nos espectáculos programados. Estamos convencidas de que este 2025 será igual de exitoso, grazas a unha oferta cultural que se adapta aos intereses de todas as persoas e reafirma o noso compromiso co acceso universal á cultura”.

Entre as propostas máis destacadas deste semestre atópase O Dragón de Ouro de Sarabela Teatro, que se representará o sábado 8 de marzo. Esta obra, dirixida ao público adulto, aborda temáticas sociais e humanas cunha posta en escena contemporánea e emocionante, sendo unha das apostas máis ambiciosas e esperadas do programa.

A programación inclúe tamén espectáculos infantís como Compaña de Xampatito Pato ou A teteira de Kabul de Xarope Tulú, así como propostas para todos os públicos como o circo de Petit Cabaré de Pistacatro, que celebrará o Día Mundial do Circo, e obras de humor e crítica social como Nabiza Girl II de Isabel Risco.

Ademais, o auditorio tamén acollerá a estrea do filme documental O último berro de Trapos Sucios, unha peza audiovisual que recolle o seu último concerto na pasada edición do festival Castelo Rock.

As entradas poden adquirirse de forma anticipada ata o día anterior de cada espectáculo nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou a través do formulario habilitado na páxina web municipal.

O programa completo está habilitado na Rede en libre descarga.

Colaboran:

AGADIC (Rede Galega de Teatros e Auditorios)

Saúdos, Comunicación Concello de Muros

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.