Nova programación para a Cabalgata de Reis en Ribeira

03 Xaneiro 2025

O Concello de Ribeira tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para o vindeiro domingo 5 de xaneiro vese na obriga de
cambiar a programación da Cabalgata de Reis por outra nova xa deseñada e que terá lugar no Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira
a partir das 18:00 h do domingo día 5 de xaneiro.
A nova programación estará dividida en dúas franxas, unha primeira coa chegada da rapazada acompañada polos pais e nais á Fieiteira, de
18:00 a 19:00 h, onde haberá moita diversión con actividades lúdicas e festivas.
Haberá animación infantil con debuxos animados, actuacións musicais e talleres de globoflexia, pintacaras, etc. Paralelamente no módulo de
atletismo á mesma hora habilitarase un espazo de Recepción Real para nenos e nenas neurodiverxentes; onde súas maxestades atenderán á
rapazada nun ambiente relaxado sen música e co ambiente óptimo dentro dos estándares da neurodiverxencia.

Nunha segunda franxa as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente xunto coa comitiva chegarán ao pavillón da Fieiteira ás 19:00 horas onde
terá lugar a Recepción Real cos discursos das súas maxestades para que logo os nenos e nenas poidan facer a súas peticións.
Mobilidade para a Cabalgata.
Para facilitar os desprazamenos o Concello de Ribeira habilita unha liña de bus gratuíta. Dende as 17:30h e cada 30 minutos sairá un bus dende
o auditorio novo até a Fieiteira, facendo tamén a baixada até as 21:00 horas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.