Rexistráronse refachos de vento superiores ao 120 Km/h en Cedeira e en zonas de Rianxo acumuláronse máis de 70 L/m2 e en Lousame os 75 litros/M2. ALERTA AMARELA NA CORUÑA E PONTEVEDRA.
Este mércores, chega Garoe, unha borrasca situada ao oeste de Francia que marcará o inicio da xornada con chuvias intensas pola mañá nas provincias da Coruña e Pontevedra. Vento forte do suroeste.
Espérase un día de ceo parcialmente cuberto con precipitacións xeneralizadas, que serán máis frecuentes e intensas na nosa costa. Nesa zona, as choivas poderían vir acompañadas de sarabia e aparato eléctrico.
As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas non presentarán cambios significativos respecto a días anteriores.Mínima12/ máxima16.
O vento soprará con forza desde o suroeste, alcanzando refachos que superarán os 80 km/h, especialmente nas zonas máis expostas. As autoridades recomendan precaución ante as condicións adversas, especialmente en actividades ao aire libre e na circulación por estradas.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá e á tarde e 5 a 5.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



