Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron na San Silvestre padronesa

02 Xaneiro 2025

Medio milleiro de persoas de todas as idades participaron o 31 de decembro na I San Silvestre padronesa que organiza o Concello de Padrón. Segundo fontes municipais, a afluencia nesta proba non competitiva desbordou as previsións da organización, que lle entregou un gorro vermello a modo de agasallo ás primeiras catrocentas persoas inscritas.

A cita, na que participaron en bo ambiente e irmandade corredores e ciclistas, tivo un percorrido de case seis quilómetros, distancia que algunhas das persoas asistentes fixeron correndo, outras andando e algunhas tamén en bicicleta.

O alcalde, Anxo Arca, achegouse a dar a saída no paseo do Espolón xunto á concelleira Mariló Saco. O edil de Deportes, Luis Mariño, e a de Turismo, Chus Campos, animáronse a correr na proba. O primeiro tramo da San Silvestre padronesa pasou polas rúas do casco histórico padronés.

Ao rematar, o Concello ofreceulle ás persoas participantes un chocolate quente con churros, que axudou a repoñer forzas na derradeira e soleada tarde do ano 2024.

Todas as persoas participantes doaron un quilo de alimentos non perecedoiros que Cáritas de Padrón distribuirá entre as familias vulnerábeis do municipio.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.