Activada este martes e mércores a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Este martes, San Raimundo de Peñafort, chega unha nova borrasca que marcará a xornada cunha configuración meteorolóxica típica do suroeste. O ceo manterase cuberto, con chuvias máis intensas e persistentes na metade costeira do territorio.
As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas rexistrarán un ascenso moderado. Pola súa parte, o vento soprará con forza do suroeste, alcanzando refachos superiores aos 80 km/h no litoral e nas zonas máis elevadas.
As autoridades recoméndan tomar precaucións ante as posibles adversidades derivadas do vento e a chuvia, especialmente en áreas costeiras e montañosas.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 8 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



