Lousame organiza unha recepción de Reis na Casa da Cultura e un festival no Polideportivo Municipal da Silva

03 Xaneiro 2025

O Concello de Lousame organiza dúas citas festivas este domingo 5 de xaneiro: recepción das Súas Maxestades na Casa da Cultura pola mañá e Festival de Reis no Polideportivo Municipal da Silva pola tarde. Dúas actividades a cuberto, de acceso libre e de balde, se ben é preciso reservar entrada a través de www.bandoticket.com.

A primeira cita terá lugar de 10:30 a 13:30 horas na Casa da Cultura de Lousame. A recepción dos Reis Magos seguirá o mesmo procedemento de edicións anteriores: Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no escenario do auditorio e escoitarán/recollerán as cartas dos pequenos, aos que entregarán algunhas lambonadas.

Finalmente, de 17:00 a 19:30 horas, o Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra acollerá o tradicional Festival de Reis. Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para os máis de 300 nenos e nenas inscritos. Un festival que xa ten cubertas todas as prazas dispoñibles, xa que entre rapazada e persoas adultas está previsto reunir a máis de 800 persoas no pavillón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.