Galicia roza os 7 millóns de viaxeiros nos primeiros once meses do 2024

02 Xaneiro 2025

Galicia segue a recoller os esforzos das políticas realizadas no eido da internacionalización do destino turístico. Así o referendan os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos hoxe que destacan os 6.989.140 viaxeiros aloxados entre xaneiro e novembro de 2024 en aloxamentos turísticos facendo ao mesmo tempo, 13.086.060 noites. Nos dous casos, rexístranse incrementos do 1,9% no primeiro indicador e 1,1% no de segundo con respecto aos valores rexistrados no mesmo período de 2023.
A nivel de mercados, o internacional absorbe o 31% do total da demanda mentres que o 69% corresponde a turismo de ámbito nacional. No que atinxe á demanda, o internacional presenta un mellor comportamento cun crecemento do 4,4% rexistrando 4 millóns de noites en aloxamentos galegos, máximo da serie histórica deste período de 11 meses.
En canto a número de noites, o nivel alcanzado nos 11 primeiros meses do ano supón 136.000 novas noites con respecto a 2023, superando por primeira vez a barreira dos 13M de noites neste período.
Segundo os datos estatísticos, afiánzase tamén a desestacionalización con incrementos da demanda turística en meses como febreiro (+3,8%), marzo (+26,4% por efecto Semana Santa), maio (+11,1%), setembro (+1,6%) e novembro (+12,2%).
No que se refire á distribución da demanda entre xaneiro e novembro, o 72% corresponde ao segmento hoteleiro (58% en hoteis e 14% en pensións) o 28% no extrahoteleiro (10,5% en albergues; 9,3% en cámpings; 5,7% en apartamentos turísticos e 3% en turismo rural).
Continúa a tendencia de crecemento rexistrada nos últimos meses con respecto ao mesmo período de 2023 nalgunhas das modalidades de aloxamento. Así, o turismo rural está a medrar un 3% en número de viaxeiros e un 1,4% en noites grazas, en boa medida, ao bo comportamento do turismo internacional nesta modalidade de aloxamento, na que a demanda do turismo internacional nas casas rurais medra un 21,4%.
Datos de novembro
No que se refire estritamente aos valores rexistrados no mes de novembro, 347.208 viaxeiros aloxáronse na totalidade de establecementos de Galicia, o que supón un incremento do 12,3% con respecto ao mesmo mes do ano pasado, e fixeron 643.615 noites, acadando tamén un incremento histórico do 12,2% neste mes.
Do total de viaxeiros aloxados, o 87% fixérono no segmento hoteleiro, que se distribuíron a razón do 73% en hoteis e o 14% en pensións. O 17% restante aloxáronse en establecementos extrahoteleiros (6% en apartamentos turísticos, 1% en cámpings, 2% en turismo rural e 4% en albergues).
A nivel de mercados, aprécianse incrementos en canto a demanda de ámbito nacional (12% o interno dos residentes en Galicia e 7% o que procedía do resto do estado) e tamén da internacional que medrou o 24%.
Rendibilidade hoteleira
Estas cifras repercutiron no incremento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos once primeiros meses do ano, que sobe un 7,1% cuns uns ingresos totais nominais estimados en máis de 413M€ de euros neste período. Estas cifras superan aos niveis previos á pandemia (2019) e marca a cifra más elevada na serie histórica.

Outros artigos

A Volta de Gloria preséntase en FITUR

A Volta de Gloria, o primeiro itinerario cultural e paisaxístico circular baseado en dúas Rutas Xacobeas (o Camiño de Fisterra Muxía e o Camiño da Ría de Muros Noia), fixo a súa presentación este venres 24 de xaneiro oficial en FITUR, a feira turística estatal de...

+

Sábado 25, marcado por chuvascos, frío e neve en cotas altas

Tras o paso dunha fronte durante a madrugada, Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha masa de aire frío, que deixará ceos parcialmente cubertos e precipitacións intermitentes ao longo da xornada. Os chuvascos serán máis frecuentes durante a mañá, con...

+

Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.Os Requisitos para inscribirse son: Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...