O Concello de Ribeira, a través da Área de Deportes, informou da renovación do peso libre e as bancadas no ximnasio do Complexo Deportivo da Fieiteira.

Dende o dito departamento sinalaron que a substitución veu motivada debido a que o anterior material estaba bastante deteriorado.

Segundo informou o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal: “comezamos con este pequeno investimento e xa estamos coa apertura da licitación do renting de máquinas de musculación (spinning, cardio…)”.
Engadiu que “o Concello seguirá co mantemento das instalacións da Fieiteira para que os usuarios gozan dunhas instalacións de calidade” afirmou Vidal.