“En Mos, dito e feito”. Xosé González Martínez

19 Xaneiro 2025

O Concello de Mos ainda non incorporou ao seu acervo histórico dous personaxes
senlleiros da cultura galega: o arquitecto Manuel Gómez Román, que foi o autor do
proxecto da Casa do Concello, a quen Otero Pedrayo calificou como o soñador das mil
compostelas; os seus deseños arquitectónicos inspirados no estilo barroco galego coa
súa peculiaridade creativa, inzaron con fermosas construcións as nosas paisaxes que
aínda hoxe son merecentes de protección e conservación; e Ramón Cabanillas, o poeta
cambadés, que foi secretario xeral da Corporación Municipal. Adoitaba o poeta percorrer
os camiños de Mos na procura da sabedoría das súas xentes, e baixar todos os días a O
Porriño onde tivo moradía, e tertulia nunha coñecida fonda ou na “Botica Nova” con José
Palacios e Enrique Peinador Lines, entre outros.
O galeguismo de todos eles manifestarono integramente na fala, na arte, na política;
galegos en todas as afirmacións da vida inidividual e colectiva. Non tiveron medo a seren
demasiado galegos, tal e como díxo un contemporáneo deles e figura egrexia do
nacionalismo galego, Lois Peña Novo. Cualidades,que hoxe non exercen a meirande
parte dos galegos, e algúns que proclamándose galeguistas ou nacionalistas, sóno
unicamente a tempo parcial, dedicando o resto do tempo a fomentaren a diglosia
(utilizando o galego só para determinados usos).
O devalar dos tempo deixou a súa pegada negativa nos habitos culturais transformándoos
ata disolvelos. Reconstruílos é unha tarefa que nos obriga a todos. Efectivamente, son as
administracións públicas – para iso temos ordenamento xurídico propio- as obrigadas a
artellaren políticas para a defensa dos nosos valores patrimoniais; pero tamén e
responsabilidade de cada un de nós afortalar a identidade cultural de noso na vida cotiá.
Desde hai moitos anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística
vén convocando a todos os galegos a celebraren actos de restauración da memoria
lingüística nos cemiterios, nos que dormen o sono eterno os que nos precederon na vida.
Xentes, homes e mulleres, que maioritariamente falaron un mesmo idioma, o noso. A
mesma lingua que falan os que os visitan a cotío, ou en datas sinaladas, invadindo eses
espazos fúnebres en contraste coas lápidas que teñen epitafios en castelán. Escenarios
que hai que reescribir, substituíndo os epitafios en lingua castelán por outros en galego. A
iso chamámoslle nós “restaurar a memoria lingüística”, para conseguirmos unha maior
identificación co idioma familiar; e, de paso, cohesionar a identidade cultural das
parroquias.
Cómpre tributarlles homenaxe postreira xa que non o fixemos no seu tempo, porque eles
son os verdadeiros artífices da transmisión da nosa cultura, lingua e tradicións. De aí que
a iniciativa “En galego, agora e sempre”, sexa a mellor pedagoxía galeguizadora. Os
cemiterios galegos deben ser espazos territoriais nos que a lingua galega debe estar
presente, porque é a máis acaída para reconstruirmos a harmonía cultural coa parroquia
dos vivos. Cada vez son máis os actos que se celebran con tal motivo.ve
O próximo día 25, ás 14:30 horas, celebraremos no camposanto da parroquia de Santa
María de Sanguiñeda, no Concello de Mos, o “Día da Restauración da Memoria

Lingúística”, que estará dedicado a dona María Jesús Herrero Rodríguez, quen foi durante
moitos anos unha das cantareiras do popular grupo muisical “Malvela”. Substituiremos a
súa lápida por outra cun epitafio máis acaído no que se recoñeza a súa contribución á
perpetuar a lingua galega: “Por ti resoan no val muiñeiras e alalás”. Ogallá este exemplo
sexa imitado polas familias do Val do Louriña.
Ramón Cabanillas é o inspirador desta iniciativa normalizadora. Do seu poema “Galicia”
extraemos versos da filosofía que fundamentan este labor de reconstrución identitario:
“Galicia!/ Sempre Nai, sempre Señora/ con leda ou cativa sorte;/ preto e lonxe;/ onte,
agora/ mañán…na vida e na morte/ galegos, sempre galegos!”.
No acto participaran os grupos musicais “Malvela” e “Xistra” de Coruxo.

  • Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.