En Aguiño a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Barbanza intensifica as súas protestas pola falta de médicos

14 Xaneiro 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública dáa Comarca de Barbanza celebrou este luns unha reunión no salón de actos da Casa do Mar de Aguiño para definir os próximos pasos na súa loita por cubrir as dúas prazas vacantes de médico no centro de saúde da parroquia. Entre as accións acordadas destaca unha concentración o próximo 31 de xaneiro, ás 12.00 horas, fronte á sede do SERGAS en Santiago de Compostela, onde entregarán o que denominaron como «uns bonitos agasallos» ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. A plataforma organizou un servizo de autobuses para facilitar a participación dos afectados.

Remitida

Novas accións de protesta

Antes da cita en Santiago, este venres, ás 12.00 horas, levará a cabo unha concentración fronte ao auditorio vello, actual sede do Concello de Ribeira. Tras a protesta, procederase á entrega no Rexistro das máis de 2.000 sinaturas recollidas en apoio á demanda dos veciños.

Ademais, os asistentes á reunión decidiron manter as concentracións semanais fronte ao centro de saúde de Aguiño, previstas para os días 24 e 31 de xaneiro, así como o 7 e 14 de febreiro. Así mesmo, o próximo 15 de febreiro terá lugar unha manifestación na parroquia ribeirense para reforzar a súa reivindicación.

Esixen solucións inmediatas

Desde a plataforma recalcan a necesidade urxente de cubrir as prazas médicas vacantes para garantir unha atención sanitaria digna na comarca. As protestas, sinalan, continuarán ata que o SERGAS ofreza unha solución satisfactoria. “Non imos parar ata conseguir que ou centro de saúde funcione con normalidade”, declararon os portavoces do colectivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...