José Luis Calo González. Coordinador UCIN Galicia
Que é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.
Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas ou
reformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta, ou
podiamos denominalo «o paraugas para coar medidas que utiliza o
presidente». O latín segue estando moi presente nas nosas vidas, e non só
porque o español veña dese idioma, senón porque no día a día seguimos
usando frases e expresións nese idioma. Vese que o presidente Sánchez é un
“hooligan“ niso. PP, Vox e Junts sumaron os seus votos este mércores no
Pleno do Congreso para tombar o decreto lei ómnibus que incluía a
revalorización das pensións, no mes de febreiro veranse recortadas.
PP e PSOE deberán explicar as decisións que castigaran a 693.350 maiores en
Galicia, que perderán de media 441 euros ou ano na súa pensión, e a 82.000
estudantes e traballadores, que pagarán máis polo transporte público, incluía
este Decreto ademáis a prohibición do corte de suministración básica a
persoas vulnerables.
¿Por qué non un Real Decreto exclusivo de pensións?
Os Decreto Lei diferéncianse das leis en que están promulgadas polo
Goberno e non polo Parlamento. A diferenza entre elas é que o Decreto Lei
dítase polo Goberno en caso de extrema e urxente necesidade. José Ortega e
Gasset, filósofo e ensaísta español, dicía que “a política é a ciencia da
mentira”, Entón podemos dicir que os políticos como Sánchez e Feijoó fan uso
da mentira para ocultar cousas que están mal feitas ou movementos de
dubidosa legalidade porque deben manter unha cara fronte á sociedade.
Estes deberían lembrar que as decisións que se toman afectan a moitas
persoas, e o calibre das mentiras e as súas consecuencias poden ser
enormes, o que fomenta o descrédito da política entre a cidadanía. Ante estes
feitos diría que o PSOE e o PP teñen unha «incapacidade absoluta para falar e
dialogar» da que ao final «os prexudicados son os cidadáns».
AMICUS OMNIBUS, AMICUS NEMINI
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



