“Despezar un decreto mobiliza a todos os deputados do Congreso” – Antón Luaces

24 Xaneiro 2025

A prol ou en contra do xa máis famoso decreto do Congreso español denominado “ómnibus”, non só se teñen manifestado as Súas Señorías após da sesión do pasado mércores. Atreveríame a dicir que todos e cada un dos españois que teñen -temos- un mínimo interese pola marcha da política do país revisamos a fondo, moi a fondo, o que pode significar  o feito de que o PP, Vox e Junts votaran o pasado día 22 deste mes, contra unha norma que recollía medidas de ámbitos moi distintos que o Goberno precisaba para sacar adiante unha xeira de propostas que fan especial fincapé na revalorización das pensións e o Salario Mínimo Interprofesional, as axudas ao transporte público e para os afectados pola DINA do pasado mes de outubro, e máis á protección ás persoas vulnerábeis.

Certamente non foi nada sorprendente o resultado desa sesión parlamentar, obviamente perdida polo Goberno. Agora, despezar ese xa popular “decreto ómnibus” semella ser a solución para abrir todas cantas portas se fecharon o mércores para o Executivo e os escasos apoios que este acadou nun día que, non necesariamente, vai ser de infausta memoria. 

O PSOE non aceita agora mesmo unha formulación distinta á aprobación por maioría dese decreto, malia as seguridades ofrecidas a posteriori en senso contrario polos que votaron en contra en primeira instancia. Especialmente o PP e Junts, coa posibilidade da suma de votos incluso por parte de VOX. 

Crible esta oferta?. Dá a impresión de que non moito para os partidos do Goberno e os seus apoios. Polo tanto ese que se entende como paso avante non ten máis transcendencia, a priori, que a do movemento dun abano para levar un pouco de aire a quen estea acalorado. 

Todo o arco parlamentario formula arestora ao PSOE a necesidade da convocatoria urxente dun Consello de Ministros no que aprobar as medidas consideradas máis sociais dese decreto tantas veces citado e que o mesmo mércores pasado causara un tremendo impacto social. 

Outras formacións políticas engaden/reclaman a urxente aprobación dun Real Decreto “específico” con axudas ás vítimas da DANA, mentres que os socialistas están na liña de seguir a traballar na redacción dun novo “decreto ómnibus” no que se inclúan medidas que permitan asegurar os sete votos de Junts.

A formulación de despezar os decretos non atrae ao presidente do Goberno, máis proclive a formatear un novo “decreto ómnibus” no que se integren moitas máis medidas que as consideradas “sociais”. 

Os colectivos máis afectados polo rexeitamento do tantas veces referido decreto, confían na adopción de calquera acordo que signifique, sobre todo, incremento de pensións, axudas ao transporte público e aos afectados pola DANA.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.