Creactivity chega a Porto do Son a principios de febreiro

26 Xaneiro 2025

CREACTIVITY de EduCaixa e Fundación “la Caixa” é un espazo enmarcado no movemento Design Thinking, que pon en xogo a creatividade, a experimentación e a innovación. Proponse unha exploración libre, individual ou colectiva, que permite planificar, crear e construír para dar resposta a retos suxeridos ou propios, mediante a manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. As propostas, abertas e interdisciplinarias, abarcan disciplinas STEAM e pretenden empoderar ao alumnado para intervir no mundo que lles rodea.

Un espazo para pequenos innovadores e creativos. Se tes entre 7 e 12 anos e gústache aprender xogando, este é o teu lugar!

Este espazo estará dispoñible para obradoiros e visitas o 6 e o 7 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h, na Avenida Galicia con Rúa Roda. Máis información en info@creactivitybus.com o llamando ao teléfono 900 101 493

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.