Contabilizadas case 170 incidencias relacionadas coa situación meteorolóxica adversa

24 Xaneiro 2025

A alerta laranxa decretada por fenómenos costeiros, fortes ventos e choivas intensas deixaron na xornada de hoxe un total de 162 incidencias atendidas polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

A provincia da Coruña foi a máis afectada, con 88 incidencias rexistradas, seguida de Lugo, onde se contabilizaron 46. Pontevedra sumou 25 incidencias, mentres que Ourense, menos afectada polo temporal, rexistrou un total de 3.

Entre os concellos máis afectados destacan Narón, na provincia da Coruña, con 8 incidencias xestionadas, e Foz, en Lugo, con 9 intervencións realizadas. Tamén cabe salientar a situación en municipios como Ferrol, con 7 incidencias, e A Estrada, en Pontevedra, con 5 casos rexistrados.

Os principais incidentes estiveron relacionados coa caída de árbores e pólas nas estradas, que xeraron 57 intervencións, seguidas das actuacións para evitar riscos derivados de obxectos inestables ou desprazados polo vento, con 39 casos. Ademais, xestionáronse 24 incidentes por obxectos varios nas vías e 10 derrubamentos.

Na xornada de hoxe, destacamos unha serie de incidencias das que o 112 Galicia tivo constancia e están ligadas ás condicións meteorolóxicas adversas:

Ás 15:45 horas, en Viveiro (Lugo), unha caseta dun quiosco foi arrastrada polos fortes ventos e impactou contra unha nai e a súa filla, que resultaron feridas con diversos traumatismos. O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través da chamada dun particular e mobilizou aos servizos de emerxencias, incluíndo o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro, a Policía Nacional e Protección Civil. Ambas as dúas foron trasladadas ao Hospital de Burela para recibir atención médica.

Un pouco máis tarde, ás 16:20 horas, en A Laracha (A Coruña), un condutor sufriu unha saída de vía na zona de A Braña, na parroquia de Cabovilaño, ao intentar esquivar un colector desprazado pola forza do vento. Como consecuencia do accidente, o home resultou ferido. Desde o CIAE 112 Galicia activáronse os recursos necesarios, incluíndo persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, efectivos da Garda Civil e membros de Protección Civil.

Por último, ás 17:55 horas, en Burgás, parroquia de Xermade (Lugo), unha marquesiña desprendeuse debido aos ventos e caeu sobre un coche estacionado, causando importantes danos materiais. Afortunadamente, o vehículo estaba baleiro no momento do impacto, polo que non houbo que lamentar danos persoais. O 112 Galicia informou aos axentes da Garda Civil e aos equipos de Protección Civil.

Desde o 112 Galicia, recoméndase á cidadanía extremar as precaucións mentres dure a alerta laranxa, evitando desprazamentos innecesarios, asegurando obxectos que poidan ser desprazados polo vento e informando de calquera incidencia ao teléfono de emerxencias, o 1-1-2.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.