Comezan no Museo de Pontevedra as actividades do Ano Castelao

05 Xaneiro 2025

O Museo de Pontevedra comeza este martes 7 de xaneiro as actividades polo Ano Castelao, conmemorando o 75 aniversario do pasamento do ilustre rianxeiro cunha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas que lle dedica o Museo, e ás 19:30 horas unha sesión de cine e música: a proxección de Castelao: de chumbo a verba e a actuación de María do Ceo.

Segundo explica a Deputación, de quen depende o Museo, a visita guiada percorrerá as dúas salas nas que se exhibe unha parte das máis de 1.800 obras súas que conserva o dito edificio de exposicións. “Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, imposibles de desligar daquela”, engade a Deputación. A visita terá unha duración de arredor de 60 minutos e, durante este ano, repetirase o primeiro martes de cada mes. É necesaria a inscrición previa, que se pode facer a través dun formulario dispoñíbel na web do Museo.

Ás 19:30 horas celebrarase a proxección e a actuación musical. A música correrá a cargo de Maria do Ceo, unha das voces que mellor conecta Galicia e Portugal. Nacida en Oporto, creceu artisticamente no fado, e a el segue dedicando a súa vida. Desde Cartas de Amor (1997), o seu primeiro disco, leva realizado centenares de concertos e catorce discos que marcan un itinerario emocional con múltiples recoñecementos desde as dúas beiras do Miño. 

A continuación proxectarase Castelao: de chumbo a verba, un documental ficcionado no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Ten unha duración de 60 minutos.

Máis actividades polo Ano Castelao

Ao longo do ano, o Museo de Pontevedra vai desenvolver máis accións conmemorativas. O Museo custodia a maior parte da súa obra artística, ademais da súa biblioteca persoal e importante documentación sobre unha figura clave para entender o século XX en Galicia desde o punto de vista artístico, literario e político.

Ademais das actividades presenciais, o Museo lembra que ten dispoñibles a través da web varias opcións para achegarse á obra de Castelao: explorar as obras que forman a súa colección no Museo, realizar unha visita virtual polas salas do Museo e descargar en PDF o libro Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na nosa institución.  

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.