“Cartos saudís e vergoña para mulleres españolas denigradas polo machismo imperante” – Antón Luaces

22 Xaneiro 2025

Que as mulleres son vítimas cotiáns de graves abusos contra os dereitos humanos en Arabia Saudita, non é nada novo. De feito foi este un dos moitos motivos empregados como argumento para rexeitar que a “supercopa” española da Federación Española de Fútbol se disputara nese país tan rico en petróleo como pobre en recoñecemento de dereitos que afectan á muller.

As mulleres saudita con titulación superior representan máis do 50% da poboación feminina, posúen o 40% da riqueza que está en mans privadas e son propietarias de 20.000 estrablecementos comerciais. Traballan afastadas dos homes e, dende vai pouco tempo teñen acceso limitado aos estadios de fútbol.

Esta “permisividade” foi a que “facilitou” o acceso das familias dos xogadores integrantes dos catro equipos españois que se enfrontaron a semana pasada na disputa da citada Supercopa, aos campos designados para este evento de interese especial en España, pero que os petrodólares sauditas levaron ao seu territorio despois de que a Federación Española de Fútbol consentira que de España pasara a Marrocos e de aquí ao país saudita.

Aquí, as mulleres familiares dos futbolistas integrantes dos catro equipos españois, recibiron todo tipo de tocamentos por parte do público masculino asimesmo asistente aos partidos protagonizados polos catro, entre estes o Mallorca, un de cuxos xogadores está a esixir que o Goberno español demande explicacións ás autoridades sauditas desa violación dos dereitos humanos que, dende un principio, era previsible e que agora se confirma. Todo, por uns millóns de dólares (ou euros) que non van facer que as afectadas as súas parellas esquezan esa mala experiencia. 

Non é hora aínda de que dende o Goberno se poña orde e concerto nunha RFEF que semella campar ás súas anchas diante de situacións deste cariz, sabedores uns e outros da máis absoluta inobservancia a respecto das regras que rexen para o trato á muller en base aos seus dereitos?.

Talvez volvendo a xogar en España uns partidos que protagonizan equipos españois.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...