“Carta aberta ao Director Xeral da CRTVG”. Marta Dacosta, Escritora e Vogal do Consello Directivo da AELG

21 Xaneiro 2025

Sr. Director Xeral da CRTVG:

Diríxome a vostede despois de comprobar a escasa atención que os informativos da nosa televisión pública dedicaron a un dos máis insignes escritores galegos: Bernardino Graña.
Como escritora e integrante do Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) comprobei con estupor que a penas lle dedicaron uns poucos minutos o día do seu falecemento, unha peza de 01:18 minutos emitida na programación das 12 da mañá e no Telexornal Mediodía.
Foi unha negativa sorpresa comprobar, ademais, que nin sequera se fixo mención ao seu pasamento nos titulares dese Telexornal Mediodía, cando si houbo espazo para novas significativamente menos transcendentes, coma un absurdo e truncado atraco en Coristanco.
É incomprensíbel que a Televisión pública que debe a súa existencia a termos unha lingua propia que fixeron grande escritores coma o falecido non preste unha atención maior e máis digna ás novas relacionadas coa nosa cultura.
Por outro lado, certas novas do ámbito da cultura non poden ser tratadas exclusivamente nos programas temáticos que, como todos sabemos, teñen unha menor audiencia. Deben incorporarse aos contidos dos programas xeralistas, coma os informativos, porque tamén son novas de carácter xeral e de interese para toda a cidadanía, igual cá economía ou os deportes.  
Entendo que non cómpre que detalle aquí os moitos méritos de Bernardino Graña, nin cal era a súa dimensión e significación intelectual. Mais, como pode ser que quen foi presidente da AELG, membro da RAG, integrante do grupo Brais Pinto… non mereza que se mobilice unha unidade móbil para achegarse ao acto civil co que foi despedido e onde mesmo interviñeron, entre outros, o Presidente do Parlamento Galego e o da RAG?

Como galega, escritora, e cidadá que paga os impostos cos que se financia a televisión que vostede dirixe, prégolle que preste unha maior e mellor atención á cultura de noso e lle dea cabida tamén nos informativos, ao mesmo tempo que atende a actos que, noutros lugares, acaban sendo programas de emisión en horario de máxima audiencia.

Atentamente
Marta Dacosta Alonso
Escritora e Vogal do Consello Directivo da AELG

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.