“Cal é o seu nome?. Luís Celeiro

10 Xaneiro 2025

Andaban buscando nome para o meniño que naceu a principios de ano, dun ano calquera,
nos primeiros días de xaneiro, despois do San Silvestre de Freixo e, obviamente, despois das
Carreiras de San Silvestre que recorren parte do territorio desta Galicia nosa, ancestral e co
seu futuro en marcha. Ou non? Quen sabe? Estamos transitando á velocidade de vertixe.
Agardemos que o precipicio estea moi lonxe, que se tarde moitos anos en chegar a el.
Sen querer ou buscándoo a través de internet, atopou unha sorpresa enorme: Bodo Winter,
profesor de Lingüística Cognitiva da Universidade de Birmingham, estudia os elementos que
fan que un determinado nome sexa bonito. A investigación da que é director ten por
obxectivo descubrir cales son os nomes masculinos que provocan maiores emocións
positivas ao seren pronunciados.
Avaliaron máis de cen nomes e Zayn foi o que acadou a puntuación máis alta, o máis
fermoso e máis bonito. Os estudosos atenderon á sonoridade, á estrutura e á estética dos
nomes, prestando atención á súa resonancia nas distintas culturas. Querían dar e deron co
nome máis bonito do mundo, “máis bonito que un san Luís”. Zayn é un nome global, de alí e
de calquera outra parte, tamén de aquí. É de orixe árabe e significa: fermoso e belo. Que
bonito!
O Instituto Nacional de Estatística (INE) indica que en España, en 2023, había 54 persoas
rexistradas co nome de Zayn. Non sabemos se son moitas ou poucas, pero todo parece
indicar que nos vindeiros anos aumentará considerablemente este número. Vostede, como
se chama? -Eu, Manolo, dixo o veciño do terceiro, o que está por debaixo de Martín, no
mesmo andar que Hugo. -Son Manolo da Serreira e, respecto aos nomes, quero dicir algo: O
importante de cada un, dos milleiros de nomes guapos, é quen o leva, pero se o nome fai
un corpo harmónico cos apelidos do seu portador, poida que se agrande a súa fermosura,
tanto como a fermosura túa.
O nome ou os nomes dos distintos integrantes da sociedade son bens patrimoniais e
simbólicos que debemos coidar e respectar, son sinais de identidade e o seu coñecemento e
estudo pode indicar de onde vimos, quen somos e, como dia a Tía Manuela, “a onde
chegaremos”. Exactamente, o nome axuda á identidade e convértese no símbolo dos
camiñantes, aínda que teñan que cruzar fronteira.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.