“Bonificacións para as peaxes na autoestrada galega AP-9. E logo os,portos?”

11 Xaneiro 2025

Dende o primeiro día deste mes de xaneiro de 2025, o Ministerio de Transportes aplica unha nova política de bonificacións de peaxes na autoestrada AP-9 que tenta incentivar o uso desta vía co obxectivo de chegar á mellora da súa seguridade e, ao mesmo tempo, reducir a sinistralidade e a conxestión nas estradas, especialmente aquelas máis utilizadas por -en moitos casos- evitar o pagamento desas peaxes. 

A AP-9 é, como ben se sabe, a principal vía de comunicación e desenvolvemento da economía de Galicia, vertebrando amais o eixo atlántico entre Ferrol e Tui así como a mobilidade interna na comunidade autónoma, enlazando as cinco principais cidades desta: Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo, servindo á vez de nexo de unión con moitos distintos núcleos de poboación de menor entidade indispensables para o desenvolvemento real da vida cotiá..

A autoestrada citada -cualificada de “navallada” cando a súa construción- é empregada actualmente por máis de  71.500 usuarios que, de media, pagan diariamente polo seu uso e que concentra nos días de labor uns 17.000 vehículos só no percorrido Vigo-Pontevedra- Datos semellantes teñen que ver co traxecto Pontevedra-Santiago (6.728 usuarios diarios de media nun día laborable), cifras que se reducen notablemente cando falamos do traxecto total (219,6 quilómetros) entre Ferrol e Tui, que apenas supera a ducia de coches.

A bonificación permite reducir un 50% para os vehículos lixeiros que fagan máis de 20 viaxes ao mes e para todos os vehículos pesados, feito que leva á colisión frontal entre alcaldes desas máis importantes cidades e a asignación de se debe ser a Xunta de Galicia ou o Goberno central quen se faga cargo desa incentivación ata chegar á gratuidade absoluta desa vía para o usuario, como acontece actualmente coas autovías.

En semellantes disquisicións están os concellos -especialmente os de Cangas, Vilanova de Arousa, A Guarda, Oleiros e outros, por mor da devolución ao Estado dos servizos cedidos por este  e que debe ratificar o Consello Rector de Portos de Galicia nos vindeiros días. A Lei de Costas obriga á Xunta a devolver ao Estado os espazos portuarios que xa non están en uso -casos especificos coma os de Sada, Cariño, Malpica, Cee, Riveira, A Pobra, etc., que poden ser cedidos con posterioridade aos concellos unha vez sexan desafectados, segundo a Lei, e con carácter gratuito.

En ambos os casos -autoestrada e terreos portuarios- crean duros enfrontamentos, por canto son moitos os alcaldes que coidan que a Xunta non ten  capacidade económica dabondo para asumir a responsabilidade do mantemento desas vías de circulación ou espazos hoxe en día ocupados por portos autonómicos ou grandes vías de circulación

Outros artigos

““Dictador perpetuo”. José Luis Calo Gonzalez

José Luis Calo González. Coordinador UCIN GaliciaQue é un real decreto “ómnibus” e cando recorren a el as administracións.Chámaselle así aos decretos lexislativos que agrupan diversas medidas oureformas de diferentes ámbitos, permitindo a súa aprobación conxunta,...

+

“Contestación al PP de Galicia”. José Manuel Pena

Como portavoz de la Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza, que llevamos quince años trabajando y luchando en favor del Derecho a la Vivienda y defendiendo a las familias vulnerables que no pueden pagar sus hipotecas o rentas de alquiler, no puedo dejar pasar unas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión