Boiro lembra á cidadanía o seu Punto Limpo e o servizo de recollida de voluminosos porta a porta

14 Xaneiro 2025

Co comezo do ano dende o Concello de Boiro lembran da disposición dun punto limpo, recollida de voluminosos porta a porta e puntos limpos móbiles para favorecer a reciclaxe e axeitado tratamento dos residuos en todos os puntos do municipio.

A xeito informativo, sinalar que a recollida de voluminosos porta a porta lévase a cabo os xoves. Durante o inverno farase dúas veces ao mes (agás festivos) e nos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro todas as semanas. A recollida de voluminosos porta a porta é preciso solicitala previamente mediante o número de teléfono 981 83 89 08 ou o enderezo electrónico coregal.boiro@coregal.gal. Segundo o Concello, o calendario das recollidas para o ano 2025 está xa dispoñíbel na web municipal para a súa consulta.

Engadir que o punto limpo municipal está situado no Polígono Industrial de Espiñeira e presta servizo de martes a sábado en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, estando pechado os luns, domingos e festivos.

Dicir que nos últimos meses leváronse a cabo actuacións nas instalacións para mellorar a información existente sobre o seu funcionamento coa renovación de placas identificativas en cada un dos contedores para favorecer o seu uso axeitado e clasificación de residuos; así como tamén da

ampliación da capacidade a fracción de recollida de podas.

Asemade, o Concello de Boiro dispón ademais de tres puntos limpos móbiles para os distintos núcleos de poboación durante todo o ano e que contan con sete bocas de residuos para a recollida de lámpadas e fluorescentes, téxtil e roupa, xoguetes, pilas e baterías ou aceites e minerais. O programa Reciclaxe en movemento comezou no ano 2021 co obxectivo de achegar ás familias o punto limpo e favorecer a reciclaxe en todos os núcleos.

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...