Barbanza Arousa foi a primeira entidade supramunicipal galega en obter o selo Destino Turístico Intelixente

30 Xaneiro 2025

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada polos Concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira) fixo balance da actividade xerada pola entidade supramunicipal na feira FITUR, o evento do sector turístico máis relevante e referencial do ámbito estatal, celebrado a semana pasada. Segundo destacou Barbanza Arousa, presidida polo rexedor rianxeiro Julián Bustelo, en FITUR realizouse un importante labor de establecemento de contactos, networking con outros xestores de destinos, difusión da estratexia turística, promoción e comercialización.

Así, mantivéronse xuntanzas con operadores tecnolóxicos e con axentes de comercialización turística e, ademais, visualizouse ante estes e outros sectores a campaña Siempre Querremos Volver. Esta presentación, celebrada no stand de Turismo de Galicia, encadrouse na estratexia de destino da Mancomunidade para potenciar a desestacionalización e a fidelización; así como o posicionamento no turismo de calidade.

A entidade tamén recolleu o distintivo de Destino Turístico Intelixente outorgada por SEGITTUR, sendo a primeira entidade supramunicipal galega en obtelo. A maiores, participou na Mesa de Traballo de Turismo Circular, promovida por SEGITTUR.

Barbanza Arousa tamén foi quen de acadar unha importante difusión en medios coa súa estratexia turística baseada na enogastronomía e o Camiño de Santiago coma piares de “desestacionalización, diferenciación e calidade”.

A maiores, levouse a cabo unha intensa oromoción mediante folletos no stand de Turismo de Galicia e un tótem promocional na entrada do Pavillón 9, no que se atopaban os principais mercados actuais e potenciais emisores ao noso destino coma Madrid, Galicia, Asturias e Cantabria.

Outra das liñas de traballo foi a comercialización mediante reunións e acordos con touroperadores.

Campaña Siempre querremos volver

Segundo explicou Barbanza Arousa esta produción audiovisual “dá apoio á personalidade do propio destino que recolle todas as características necesarias para ofrecer unha desconexión da rutina tan necesaria nos nosos tempos”.

O audiovisual presentado é un extracto dunha curtametraxe coa mesma denominación Sempre quereremos volver. Nela plásmase “o valor inmenso que ten o noso destino cando se trata de desconectar do quefacer cotián”, sinalaron os responsábeis da mancomunidade, engadindo que “relata unha historia común aos nosos días nos que o vórtice da vida moderna, onde as obrigacións laborais, os compromisos familiares e as responsabilidades persoais ocupan unha gran parte do noso tempo; tempos nos que tomar un respiro convértese nunha necesidade para o benestar físico e emocional”.

Destinos Turísticos Intelixentes

A Secretaría de Estado de Turismo, a través de SEGITTUR, lidera o proxecto Destinos Turísticos Intelixentes, pioneiro a nivel internacional, cuxo obxectivo é “implantar un novo modelo de mellora da competitividade e desenvolvemento turístico baseado na gobernanza e a corresponsabilidade turística”.

En base a isto, un destino DTI sería “un destino turístico innovador, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que garante o desenvolvemento sostíbel do territorio turístico, accesíbel para todos, que facilita a interacción e integración do visitante coa contorna e incrementa a calidade da súa experiencia no destino e mellora a calidade de vida do residente”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.