“Ardendo”. Xulio Xiz

28 Xaneiro 2025

Eu non son de traxes especiais, nin adovíos que vinculen a un conxunto, e hai veces que o sinto, como esta de agora en que algo arde dentro de nós.

Eu coido ser copropietario do “Arde Lucus”, coa parte alícuota da cen milésima parte que ocupo da poboación lucense, podendo – se quixese – revestirme de presunto romano ou castrexo como homenaxe aos lucenses que nos antecederon hai sesenta xeracións. E poder xuntarme, revestido de romanidade, con outros copropietarios e, sendo lexión, deixar patente “urbe et orbe” que ardemos en fervor festeiro e queremos contaxiar especialmente aos madrileños capitalinos que ven pasar por diante todo o turismo do mundo.

Menos mal que non teño traxe, porque se o tivera e gostase de lucilo nos lugares máis visibles, sentiríame frustrado porque o Concello de Lugo me tornase de ir cos compañeiros de patrulla ao lugar máis visible porque resulte que o “Arde Lucus” é do concello pero non dos lucenses.

Unha festa que primeiro foi “de interese turístico galego” para a Xunta, e tendo a Xunta competencias e organización competente para o turismo do País, chirría que polo Concello de Lugo se poñan dificultades para que unha festa lucense, propiedade dos lucenses, teña representación lucense. Porque o concello pode regular desfiles e concentracións na capital e, se me apuran, coas axudas ás asociacións participantes alugarlles o seu traballo e participación na festa. Pero impedir a un continxente guerreiro acudir a unha concentración de exaltación lucense evidencia ciumes ou ardores. E xa se sabe que os ardores nun organismo indican que algo non vai ben; que algo non lle funciona ben.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.