Apoio firme dos colectivos LGBT+ e culturais da nosa terra ao ribeirán Carlos Callón polos ataques sufridos nas redes sociais

13 Xaneiro 2025

O colectivo Avante LGBT+ denunciou nun comunicado ataques ao escritor e activista Carlos Callón (Ribeira, 1978), materializados a través das redes sociais. “Non imos permitir que o discurso do odio, a ignorancia e a intolerancia silencien as voces que tentan loitan por un mundo máis xusto, máis igualitario e máis libre”, faise saber na información compartida polo colectivo, no que se detalla que a orixe destas desinformacións estarían no ensaio Vidas e historias LGBT da Idade Media, cuxo adianto foi publicado o 11 de xaneiro polo xornal Sermos Galiza e que chega esta semana ás librerías (o día 16) coincidindo co día de Santo Esmarado, “un dos santos trans sobre os que conservamos manuscritos galego-portugueses copiados con primor nos mosteiros”, avanzou o propio escritor ribeirán. A publicación deste adianto creou por unha banda notábel interese entre as lectoras e lectores de Sermos pero tamén xerou, en palabras de Sermos e do colectivo Avante LGBT+, unha “serie de mensaxes de odio e ataques persoais nas redes sociais cara a Callón, nos cales ponse en dúbida o seu labor académico e a súa integridade”.

O ribeirán Carlos Callón nunha imaxe de arquivo

“Estes comentarios non son só un ataque persoal contra Carlos Callón, senón tamén un intento de silenciar a pluralidade de enfoques históricos e de erradicar o debate necesario sobre a diversidade de identidades no pasado”, explícase no comunicado do colectivo, onde se engade que “as mensaxes vertidas nas redes sociais non só negan a lexitimidade da reflexión crítica, aberta e inclusiva sobre a identidade de xénero e os roles das mulleres na historia, senón que desinforman e manipulan a realidade histórica para manter unha versión excluínte e arcaica do pasado”. Na carta de Avante LGBT+ tamén se fai saber que “as críticas recibidas non son máis que unha mostra de cegueira e dunha lamentable falta de apertura cara a novas interpretacións da documentación histórica, que desafían visións simplistas e reducionistas”. 

Callón mostrou na súa conta en X o seu agradecemento ás mostras de apoio recibidas tralas ameazas: “Agradezo moito este comunicado. Desde onte estou a recibir insultos e mesmo ameazas de agresión polo libro Vidas e historias LGBT da Idade Media. Din tamén que van boicotar as presentacións. Buscan silenciar as historias que recollo nel. A liberdade precisa apoio fronte ao odio”.

Apoio firme das escritoras e escritoras en lingua galega

Entre os moitos persoeiros e entidades da cultura que están a pechar fileiras arredor de Carlos Callón atópase a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG), que fixo público o seu apoio e amparo ao escritor e activista Carlos Callón ante os ataques cara á súa persoa e unha das súas obras nas redes sociais.

A AELG toma esta decisión “ante a gravidade das ameazas nas que se manifesta, entre outras cousas, que o seu ensaio Vidas e historias LGBT da Idade Media non vai poder ser presentado”.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fai constar o seu apoio “ao acto creador e tamén ás achegas que se fagan a prol da análise das diversidades e das identidades de xénero”. E engade: “As posíbeis discrepancias xamais poden conter ameazas e as visións diversas nunca poden procurar o silencio e a uniformidade” e a “a celebración das diversidades e das identidades disidentes é algo que fai máis forte o noso sistema literario”.

No comunicado faise constar que “desde a AELG damos a benvida a un texto que quere indagar sobre a diversidade e a identidade de xénero ao longo da nosa historia e expresamos a nosa máis enérxica repulsa a quen procure o silencio e o medo como instrumentos de debate. Esta situación está xa en mans da asesoría xurídica da nosa entidade, para que poida apoiar o autor tamén desde ese punto de vista”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.