Ambar anuncia as últimas prazas da Formación de Cociña e Pastelería

24 Xaneiro 2025

O 17 de febreiro comezará no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.
Os Requisitos para inscribirse son:

  • Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%.
  • Estar incrito/a no SEPE como demandante de emprego.
  • Ó inicio da formación deberase aportar a acreditación de demanda de emprego (DARDE) en vigor.
    A través da formación tamén se ofrece a posibilidade de realizar cursos de PRL (Prevención de Riscos Laborais) e Manipulación de alimentos.
    Inscricións
    As inscricións poden facerse a través de formulario. Quen o desexe pode chamar ó 673 87 90 34 para informase e formalizar a súa inscrición.
    Este curso realízase co apoio financeiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2024-2025”.
    E desenvolverase no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social 2021-2027 (PEJ) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Prioridade 2, Obxectivo Específico h, establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó
    obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.