A Xunta e as redeiras galegas sentan as bases de futuras colaboracións en formación

15 Xaneiro 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse este mércores 15 de xaneiro con representantes da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, encabezadas pola súa presidenta, María Jesús González, para analizar posíbeis vías de colaboración a prol da súa formación e cualificación profesional e, tamén, para coñecer os proxectos que a federación ten previsto desenvolver este ano. Na xuntanza tamén se abordaron aspectos relativos á prevención de riscos laborais no sector e púxose de relevo o apoio do Goberno galego a este colectivo.

O conselleiro sinalou que dentro deste apoio destacan accións “como as campañas de sensibilización que desenvolve o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) neste sector e, no eido da artesanía, iniciativas como o proxecto Enredadas, que busca facilitar ás redeiras novas oportunidades de negocio e reforzar a súa estabilidade laboral a través doutros ámbitos como a moda, os complementos e a decoración. Na reunión tamén estiveron a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.