“A seguinte peregrinación”. Luís Celeiro

31 Xaneiro 2025

En pleno inverno, a principios do mes de xaneiro, foi cuns amigos a Castrojeriz, a tiro de
pedra da capital de Burgos, onde o Camiño de Santiago esixe respecto e forza aos
peregrinos para andar máis de catrocentos quilómetros cara a meta da súa peregrinación,
en Santiago de Compostela. O lugar ten o seu nome por mor dun primitivo castro, alí na
cimeira do outeiro do Castelo.
Neste lugar, se respiras fondo, gozas do sabor antigo, de cando estiveron cultivando a terra
de forma comunitaria os vacceos. Alí estiveron os romanos e desapareceron, para
repoboarse novamente o lugar a mediados do s. IX, cando o Camiño de Santiago adquire
importancia e, ao seu paso, revoluciona a economía, propón novas formas de vida, de
cultura e de pensamento.
En Castrojeriz e nos anteriores ou posteriores lugares por onde pasaron e pasan os
peregrinos, vese a riqueza que aporta o fenómeno xacobeo, nos eidos da Historia, da arte,
da arquitectura, da cultura e da lingua. Vese a riqueza económica, o espertar da natureza e
o esmorecemento xeral nos meses de inverno, cando se produce a gran parada. Os
establecementos hostaleiros fechan as súas portas, os comercios fechan tamén e o mundo
nestes andares, párase ata que regresa a concorrencia, que cada ano chega antes, para ben
de todos.
Os amigos tornaron decontado, ao rematar a festa, pero el, Federico Carpinteiro, recorreu,
paso a paso, cada unha das etapas do Camiño Francés. Ao deixar atrás a provincia de
Burgos, pola localidade de Frómista, adéntrase en Palencia, mira para os lados, para arriba e
para abaixo, e escoita atentamente o soar das campás das igrexas fechadas a cal e canto,
coma sempre, igual que as igrexas galegas, fechadas de noite, pola mañá e pola tarde.
“O recorrido por Palencia impresiona”, dixo Federico, mentres as súas pernas tremían co
frío. Recorreu Carrión dos Condes e atopou abrigo no único bar aberto que había. “Aquí,
señor, -dixo a hostaleira- vivimos do Camiño de Santiago e cando non hai peregrinos,
descansamos”. Por León tamén estaba cerrado, todo cerrado. Ao pasar Vilafranca do Bierzo
e subir pola Faba, o peregrino chegou con neve ao Cebreiro e alí, como si xa estivera de
volta na casa, cos do Cebreiro, programou a seguinte peregrinación. Ultreia et Suseia!

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.