A Pobra pecha a súa mostra de teatro afeccionado con “Ibáñez Cabaré”

20 Xaneiro 2025

A mostra de teatro afeccionado da Pobra chega ao seu remate esta semana coa terceira das funcións ao abeiro deste ciclo organizado pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Despedimos esta nova edición da mostra de teatro afeccionado que sirve como escaparate do talento de compañías amateur. Podemos así desfrutar dunha manifestación artística con moi boa acollida na nosa localidade a través do bo facer e compromiso destas asociacións coa dramaturxia”, segundo declara a edil Patricia Lojo.

Teatro das Maniotas, do IES Brión, representará Ibáñez Cabaré no día 26, ás 19.00 horas, no Teatro Cine Elma. Aquí introdúcese a historia de Mario Montoro, quen morre á saída do seu traballo no cabaré e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella. Pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas e non son quen de resolver a investigación. Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras do cabaré fan as súas pescudas e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao gran Ibáñez nunha explosión de cor e música.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.