A Piscina Municipal de Rianxo (BeOne Rianxo) lanza unha nova campaña a prol do deporte neste 2025

03 Xaneiro 2025


O centro deportivo BeOne Rianxo, concesión do Concello, arrincou o ano coa súa nova campaña Propósito ONE unha iniciativa que convida á comunidade para facer do deporte o primeiro propósito do 2025 e, sobre todo, a cumprilo.

BeOne Rianxo lembra que conta con “instalacións de última xeración” deseñadas para “ofrecer unha experiencia deportiva completa”, por exemplo unha sala fitness equipada con zonas específicas para estiramentos, peso libre, cardio e adestramento funcional, ademais de maquinaria avanzada para un rendemento óptimo. A isto súmanse piscinas dedicadas tanto ao nado como a actividades de fitness acuático e salas polivalentes onde se desenvolven actividades coreográficas, de ton muscular e corpo-mente.

A campaña Propósito ONE quere facilitar a todos o acceso ao deporte. Por iso, durante este mes de xaneiro, a matrícula será completamente gratuíta e, “para aqueles que aínda estean indecisos”, BeOne ofrece “a posibilidade de probar as instalacións durante tres días de balde”, informou a concesionaria, engadindo que con este ano reforza a súa aposta por “un modelo inclusivo e familiar con abonos bonificados para familias, que permiten que tanto adultos como nenos poidan gozar da actividade física”. Así, os máis pequenos contan con área infantil de xogos, escolas de natación, campamentos e unha ampla oferta de cursos e actividades infantís.

Para unirse á campaña Propósito ONE, as persoas interesadas poden visitar a páxina web oficial habilitada para a promoción, onde poderán descargar o seu convite de balde e aproveitar todas as vantaxes desta promoción. Este xaneiro, a Piscina Municipal BeOne Rianxo anima a todos a dar o primeiro paso cara a “un ano máis activo e saudábel, porque este ano si, poñerse en forma será o primeiro propósito que se cumpra”, engaden.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...