A mostra de teatro afeccionado da Pobra despídese no 2 de febreiro con Ibáñez Cabaré

27 Xaneiro 2025

Despois de que se adiase o colofón á mostra de teatro afeccionado da Pobra do Caramiñal por mor da alerta activada polas condicións meteorolóxicas adversas do 26 de xaneiro, xa hai nova data para a última das funcións.

Segundo manifesta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, “con esta terceira representación chega ao seu fin este ciclo caracterizado por poñer en valor o talento de compañías amateur nas artes escénicas e ofertar actividades culturais á cidadanía durante o inverno; contando co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.”

Teatro das Maniotas, do IES Brión, levará ao Elma a obra Ibáñez Cabaré no domingo, 2 de febreiro, ás 19.00 horas. Aquí introdúcese a historia de Mario Montoro, quen morre á saída do seu traballo no cabaré e todo o mundo está seguro de que foi María, a súa parella. Pero as dúas policías encargadas do caso non se aclaran coas pistas e non son quen de resolver a investigación. Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras do cabaré fan as súas pescudas e conviven coa presunta asasina, mentres bailan e cantan cos distintos personaxes que homenaxean ao gran Ibáñez nunha explosión de cor e música.

A entrada é libre ata completar a cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.